Asociación Cultural e Deportiva G.A.M.
Blog da Asocación Cultural e Deportiva G.A.M. (Grupo de Amigos de Meaño)
mércores, 1 de maio de 2024
venres, 27 de agosto de 2021
CORRER POR MEAÑO (2ª edición)
Por segundo ano consecutivo, Meaño non terá Carreira Popular. A falta de decisión desde o concello, desde a Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. tiramos de ilusión e de imaxinación, para soprarlle un chisco co obxecto reavivar a chama e mantela aí en espera dun regreso. Facémolo retomando o “CORRER POR MEAÑO”, que xa puxemos en órbita o pasado ano. Porque o noso nunca foi o de quedarnos quietos. Ti anímaste?
XXXV Carreira Popular de Meaño-2019 |
CORRER POR MEAÑO volta a ser unha iniciativa altruísta, aberta a tod@s, e cun sentido dobre. Por una banda, para que tod@ aquel/a que senta a chamada poida correr no circuíto de sempre, de voltar a correr por Meaño. E, por outra, podendo ser unha ocasión para aportar un chisco de correr ti por Meaño, nun ano no que as carreiras empezan a voltar aos calendarios.
Carreira Popular 2009, pelotón de saída das categorías de rapaces |
Como participar? Non é un evento concreto, non ten data nen hora. O que facemos é recoller as vosas experiencias individuais. A partir de xa, dispós ata o 18 de setembro, para correr ou andar o percorrido do que era (e seguirá sendo) circuíto da Carreira Popular. Cronometra o teu tempo (opcional), se o tes mándanos ese rexistro co teu nome (máis un teléfono ou correo-e de contacto) e unha foto da túa experiencia de participación no II CORRER POR MEAÑO (individual ou con amig@s). Remíteo ao correo-e asociaciongam@gmail.com. Nós publicaremos nas nosas redes sociais, e as vinculadas á asociación, a foto, nome e tempo empregado por ti (se mandas rexistro), para poder compartilo con tod@s.
Gracias á colaboración das firmas patrocinadoras históricamente desde Carreira, ALBARIÑO PACO e LOLA, QUINTA DE SAN AMARO e CAFÉ-BAR LAGE, a asociación G.A.M. realizará, entre todos os atletas e andantes que participedes enviando a vosa experiencia en CORRER POR MEAÑO, un sorteo de:
ADULTOS: 2 sorteos de sendos lotes de albariño PACO&LOLA, con visita guiada á adega para dúas persoas |
ADULTOS: 2 sorteos de sendos bono-tapas en QUINTA DE SAN AMARO (con viño e tres tapas) para dúas persoas |
IMPORTANTE: Para participar no sorteo debes aportar unha foto que reflexe un momento da túa participación nesta iniciativa, nome, idade (para saber se participas en lote de adultos ou infantil), tempo (opcional) e un contacto (telefónico ou por correo-e). Participar no sorteo implica a autorización para publicar foto, nome e tempo dos participantes, nas redes sociais vinculadas a CORRER POR MEAÑO. Remite todo (nome, foto, idade, tempo empregado no circuíto -opcional- e contacto) á dirección de correo-e asociaciongam@gmail.com
NOTA: Os agasallos sorteados entregaranse a inicios de outubro (unha vez pasada a vendima). En boa lóxica, os premiados deberán acreditar a súa identidade no momento de facer uso, e os bonos que se entreguen serán personais e instransferibles.
Cal é o teu circuíto?
CIRCUÍTO LONGO: 6.330 metros, para os nados en 2007 e anos anteriores.
CIRCUITO MEDIO: 1.660 metros, para os nados entre 2008 e 2013.
CIRCUÍTO CURTO: 1.070 metros, para os nados en 2014 e 2016 e anos posteriores.
A continuación precisamos os diferentes circuítos nos que podes correr en función das idades para compartir a túa experiencia. Se pinchas enriba do circuíto que dexeses percorrer, terás acceso directo no teu terminal (teléfono, tablet ou ordenador) a través de GoogleMaps ao percorrido correspondente, para poder guiarte se dubidas no percorrido. Perfil do circuíto de de 6,3 kms.
2011, Pedro Nimo (210) e Rafael Fuentes (376)
no grupo cabeceiro ao seu primeiro paso por meta
no grupo cabeceiro ao seu primeiro paso por meta
domingo, 31 de xaneiro de 2021
ALEJANDRO GÓMEZ
Hoxe, domingo 31 de xaneiro, produciuse o pasamento de Alejandro Gómez Cabral. Extraordinario atleta sen o cal este deporte non sería probablemente o que é hoxe en día en Galicia. Tampouoco a Carreira Popular de Meaño sería o que é sen as súas participacións.
Gracias "Galgo de Zamáns". Corre libre alí donde estés.
Desde o GAM, queremos dar unha aperta á súa familia nestes intres dan duros.
luns, 14 de decembro de 2020
PREMIOS CON MOITO DEPORTE :
CORRER POR MEAÑO & TENIS DE MEAÑO
Agotado o prazo, entregáronse os premios de CORRER POR MEAÑO aos galardoados. Unha iniciativa da Asociación Cultural e Deportiva G.A.M. que tirou de imaxinación para manter vivo o espíritu da Carreira Popular de Meaño no ano do covid. A vivencia foi posible gracias á colaboración das firmas Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Atlántico-Lage. Delas, o peche de hostalería pola situación covid, aprazou a disfrute de bono-tapas na Quinta de San Amaro para Lupe Vilar e Estefanía Silva (e respectivos acompañantes). A establecemento xa contactou coAs galardoadas para comunicarlles que poderán disfrutar desde convite un chisco máis adiante, cando recuperemos certa normalidade. Aquí vos deixamos as fotos de entrega de galardóns e o noso consello para este nadal: merca o teu agasallo navideño no comercio local. Paco&Lola, Quinta de San Amaro e Supermercado Lage son tres emblemas que nos enorgullecen en ser escaparate e embaixadores de Meaño. (NOTA: Publicarase máis adiante as fotos dos premios da Quinta de San Amaro).
Cristina Castro e Alfonso García "Achas" recollen o premio e Paco&Lola |
Visita e degustación en adega dun Paco&Lola |
Olivia Rodríguez Moreda recolle o lote infantil no Supermercado Atlántico-Lage |
Cecilia Abal Mosteiro recolle o seu lote infantil en Supermercado Atlántico-Lage |