xoves, 18 de xullo de 2013

V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño (1ª parte)

O pasado 25  de maio tivo lugar a V Marcha de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, que, tra-lo "descanso" do ano pasado, retomou a súa singladura. De seguido podedes ver un mapa co percorrido de máis de 36 quilómetros que fixemos.

Mapa da V Ruta de Sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño, realizada o pasado sábado 25 de maio de 2013.

Ver Ruta Sendeirismo Meaño-Castrove en un mapa más grande


Este ano xuntámonos para a ocasión nove valentes que partimos de Meaño cara a aventura, para disfrutar dun singular día, que por esas cousas dun inverno tan longo e unha primavera tan curta (ou inexistente), regalounos o magnífico espectáculo das xestas coa flor no máximo esplendor. O amarelo foi, sen dúbida, a cor do día, e non deixou de acompañarnos ata o remate da singladura.

Ademais do amarelo brilante das xestas, houbo moito amarelo dourado de toxos e rosa dos carrascos. Todo un deleite para vista e o obxectivo da cámara.

Xestas, carrascos, toxos.... e para rematar unha cervexiña fría, fría.

É de salientar que desde este ano, a marcha ten xa o carácter de internacional, xa que tivemos a compaña de Magie, unha cidadana sueca que veu disfrutar da naturaleza galega.

Xa na Armenteira, e coincidindo coa tradicional pausa para tomar un café, uníronsenos os dous espedicionarios restantes, que nos acompañarían na parte central do percorrido. 

Tra-la fermosa, aínda que agotadora xornada, Manuel e Maribel, tiveron a ben agasallarnos cunhas cervexiñas ben, ben frías, que desde logo axudaron a mitigar o cansancio da xornada, pero sobre todo a sede. Que boas estaban!



Os nove expedicionarios que iniciaron a ruta en Meaño (os outros dous restantes uniríansenos na Armenteira)

No mirador da Queimada.

No vértice xeodésico de Fontefría, punto máis alto do Concello de Meaño (397 m sobre o nivel do mar)

O espectacular día e as xestas propiciaron unhas magníficas vistas da Ría de Arousa desde o punto máis alto de Meaño

Subida hacia o Monte Castrove, moi preto da Armenteira.

No vértice xeodésico do Monte Castrove, punto máis alto de todo o percorrido (616 m sobre o nivel do mar)

Xa na baixada, en pleno Rego de San Martiño

Xa na parte final, o cansancio fai mella en tódolos espedicionarios. 36 quilómtros non che son moco de pavo!

xoves, 9 de maio de 2013

V Marcha de sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño (2º intento)

Un ano máis chega o tempo de acometer a marcha de sendeirismo Meaño-Castrove-Meaño. Este ano debería de se-la sexta edición, pero a climatoloxía fixo que o ano pasado finalmente se cancelara a marcha, co que este ano será o segundo intento de face-la quinta edición.

A fin de semana elixida é a derradeira do mes maio, concretamente o sábado 25. A saída será en torno ás 9:15, diante da Casa do Concello de Meaño. E coma sempre agradeceriamos nos comuniquedes asistencia para ter preparados uns mapas que se vos darán na saída.

Así que xa sabedes, ide reservando a data.... e a ver se o tempo nos respeta dunha vez!

venres, 1 de febreiro de 2013

Ano novo.... camiñatas novas

Segunda marcha, xullo de 2009
Lamentablemente, e despois de varios intententos, non se celebrou a V Subida ó Castrove. Así pois, neste novo ano que acaba de empezar debemos tomar cumprida vinganza e cobra-la débeda pendente (por certo que o tempo parece que terquea no seu empeño de non axudar a tal menester), co dobre de ganas.

Pero antes delo, empezaremos a nova temporada de roteiros de sendeirismo, para ir preparándonos e, de paso, coñecer novos recunchos dos nosos pobos.

En canto os Deuses da meteoroloxía se calmen e nos permitan sair sen a necesidade de dispor dunha gamela, chalupa ou similar, informarémosvos cumpridamente para quedar e disfrutar, un ano máis, desta gratificante actividade.