venres, 1 de febreiro de 2013

Ano novo.... camiñatas novas

Segunda marcha, xullo de 2009
Lamentablemente, e despois de varios intententos, non se celebrou a V Subida ó Castrove. Así pois, neste novo ano que acaba de empezar debemos tomar cumprida vinganza e cobra-la débeda pendente (por certo que o tempo parece que terquea no seu empeño de non axudar a tal menester), co dobre de ganas.

Pero antes delo, empezaremos a nova temporada de roteiros de sendeirismo, para ir preparándonos e, de paso, coñecer novos recunchos dos nosos pobos.

En canto os Deuses da meteoroloxía se calmen e nos permitan sair sen a necesidade de dispor dunha gamela, chalupa ou similar, informarémosvos cumpridamente para quedar e disfrutar, un ano máis, desta gratificante actividade.