Carreira de camas

CARREIRA DE CAMAS SOBRE RODAS, algo máis que unha carreira....


Historia

A Carreira de Camas Sobre Rodas nace en 1994 de mans da Asociación Cultural e Deportiva GAM, que pretendía por en marcha un evento orixinal que atraera xente ata a Praza da Feira na tarde das festas da Inmaculada Concepción que se celebra cada primeiro domingo de maio.

Foi a comisión desas festas, entonces liderada por Venancio Souto e Tino Rodiño, a que andaba detrás do GAM para que organizara un evento destas características que fora un aliciente para que toda a familia e os convidados que ese día xantaban en Meaño se achegaran pola tarde ata a Praza da Feira. A insistencia da comisión de festas acabou por facer que o GAM acabara por comprometerse a organizar algún tipo de evento, si ben durante tempo non foi quen de definir de que tipo.

Noite de farra

A Carreira de Camas Sobre Rodas concíbese como tal no pub “Safari”, nunha noite de sábado de farra en Portonovo. Alí estaban, cando menos, Xosé Antonio Vieitez, Rafael Vidal, Tino Hermida, membros do GAM, máis Venancio Souto, pasada xa a medianoite e, quen máis e quen menos, “baixo os efluvios do copeteo” e discutindo os pormenores da festa de Meaño e do tipo de evento que podería organizar o GAM. “Inspirados –que máis e quen menos- polos efluvios do alcohol” empezou a brotar unha particular “treboada de ideas”, de que tipo de evento podía facer o GAM, treboada da que brotaron desde as ideas máis serias ás máis extravagantes. Foi nunha desas cada que salíu a que semellaba máis extravagante: unha carreira de camas sobre rodas que, lóxicamente, foi recibida con sonoras risas e moito cachondeo polo que tiña de esaxerado. Pero pronto se empezou a imaxinar cómo sería a proba: camas con rodas pola estrada abaixo con pilotos subidos nelas e vestidos en pixama tentando coller a pechada curva da Feira, logo empuxando costa arriba, como serían os sistemas de dirección que se lle podería meter ás camas, os sistemas de frenado, o circuito... Aquelo xa empezaba a resultar veraz.  

Primeira edición

O GAM acabou por decidir días despois, e xa  contrarreloxo porque faltaban poucas semanas para a festa, levar á práctica aquela idea que nun principio semellaba tan descabellada. Fixéronse uns poucos papeis que se colocaron case todos na localidade de Meaño. Logrouse a participación de catro equipos e agardabáse cando menos contar con algo de público de Meaño que se animara a achegarse pola Feira. A reposta da xente foi espectacular: desde dúas horas antes empezáronse a concentrar centos de persoas, moitas vidas de lonxe, había problemas de aparcamento para os coches, a organización veuse desbordada e a proba tivo que retrasarse máis dunha hora para conseguir retirar algúns coches que estaban nos arcéns do que era circuito e podían ser embestidos por algunha cama sin control.

A proba empezou preto das oito e media da tarde (estaba prevista para as sete). Aquel primeiro circuito partía da Feira, subía pola pista da Canle, Os Agros e baixaba de novo hacia a Feira, completando así un percorrido de 800 metros. A él había que dar tres voltas. O máis espectacular foi un accidente na metade da proba: os pilotos dunha cama que viñera de Dena circulaban a gran velocidade baixando dos Agros hacia a Feira, e na curva do concello perderon o control de vehículo, caíron á estrada e a cama embestíu ó público. Afortunadamente non houbo que lamentar daños, amén dalgúns rasguños e hematomas. Naquela primeria edicións disputada en 1993 venceran “Os Encamados” de Xil.

Traslado a setembro

O enorme éxito que supuxera a proba fixo que o GAM decidira continuala. Na segunda edición, que foi a do 94, choveu e tivo que suspenderse decidindo trasladala ó segundo domingo do mes de setembro dese mesmo ano para facela coincidir coa Festa dos Miragres. Deste xeito aproveitábase a infraestructura de seguridade en canto a vallas montada xa pola mañán como dispositivo da Carreira Popular de Meaño, que tamén organizaba o GAM.

O cambio de datas converterase en definitivo: supoñía aforrar esforzos e contar con máis posibilidades gozar de mellor tempo atomosférico. Adoptouse xa no 94 o circuito actual (estrada dividida para que as camas subiran a baixaran sendo vistas na maior parte do percorrido polo público), participaran seis camas e gañara “Cía Ateiró” de Lores, con Ramón Meixús e Raúl Filgueiras. O público acudíu en masa e unhas 2.000 persoas encheron as inmediacións da Praza da Feira.

Éxito de medios e público

A partir de aquí a proba consolidouse. Cadeas como a TVG, TVE ou Tele 5 serviron imaxes da proba para programas e informativos a nivel nacional, os xornais galegos adicaron espacios destacados en edicións xerais, incluso as emisoras de radio se interesaron pola proba. A Carreira de Camas Sobre Rodas convertiuse así en todo un símbolo para Meaño, e xunta hoxe a máis de 3.000 persoas procedentes ata en casos de fóra da provincia de Pontevedra, incluso algunha excursión organizada en autobús visitou Meaño nese día para presenciar a proba.

Ningún comentario: